Campaña O Noso Mar, Marca

Xa arrancou campaña “O Noso Mar, Marca”, de promoción dos produtos certificados pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?, Bonito do Norte, Mexillón de Galicia DOP, así como a campaña de protección de inmaduros Non piques, non peques, baixo un eslogan común.

A campaña inclúe acción en prensa, radio e televisión. Preme aquí para ver o spot do selo pescadeRías, ¿de onde se non?

Receita do mes

Salpicón de navallas con emulsión de pementos de Herbón.      Orixinal maridaxe mar-terra, con dous dos productos máis emblemáticos da nosa gastronomía. Receita do Restaurante Carmen, de Sanxenxo, que nos traslada o GALP Ría de Pontevedra. Preme aquí para ver a receita. Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.

Cata sensorial de produtos estrela da marca

O pasado 11 de xuño realizouse unha cata sensorial de tres produtos certificados pescadeRías: navalla de Cangas, choco de Redondela e xurel de Fisterra.
A cata estivo conducida por Kike Piñeiro, do Restaurante A Horta do Obradoiro, Maruxa García, de Tastelab, e Rita Pesqueira, de pescadeRías, e tivo lugar no marco do II Encontro de Gastroblogger Salimat-Abanca.

Os gastroblogger puideron avaliar, cunha mínima preparación, ao natural, o aspecto, olor, textura e o sabor, así como facer unha valoración global dos produtos. Os resultados foron altamente satisfactorios: todos os produtos superaron o nivel “gustame bastante” e acadaron o nivel “gústame moito”. Os aspectos máis valorados, sabor e olor, por este orden.
Podes ver aquí o informe completo da cata sensorial.