Servicio de apoyo a la comercialización y promoción de produtos del mar

El Clúster Alimentario de Galicia lanza la convocatoria del Servicio de apoyo a la comercialización y promoción de produtos del mar, promovido por la Consellería do Mar con el apoyo del Fondo Europeo Marítimo y de la Pesca. Los destinatarios son pequeñas y medianas empresas transformadoras, organizaciones de productores y otras entidades relacionadas con la producción y transformación de productos del mar. Se trata de un servicio gratuito centrado en la mejor manera de presentar su empresa desde la mercadotecnia en el desarrollo comercial y en la promoción de sus productos. El plazo de ampliación ha sido ampliado hasta el 5 de octubre.   Descarga aquí el programa. Toda la información aquí. 

Máis produto certificado

A estas alturas do ano, as lonxas usuarias da marca certificaron máis de seis millóns de quilos de peixes e mariscos, máis do dobre do volume certificado o pasado ano nesta altura.  Isto tradúcese nunha maior presenza e visibilidade tanto na cadea de distribución como nos mercados, e un maior grado de coñecemento por parte dos consumidores. Xa contamos con 33 lonxas e centros autorizados, 13 centros de expedición, depuración e cetáreas, 11 distribuidores e 12 empresas de transformación que son usuarias da marca. Temos tamén 72 restaurantes e 292 minoristas adheridos. Toda a información na nosa web.

Campaña do berberecho en Noia

O luns día 3 de outubro comeza a campaña do berberecho en Noia, que permanecerá aberta ata o mes de marzo. Son 526 embarcacións socias das Confrarías de Noia, Muros, Porto do Son e Portosín, con 1076 tripulantes, ademáis de 466 mariscadores/as a pe de Muros e Noia.

Na campaña do ano 2015, o 79% do berberecho extraído en Galicia comercializouse a través das lonxas de Testal e O Freixo, administradas pola Confraría San Bartolomé de Noia.

Imaxe: Pablo Silva.

Conxemar 2016

Un ano máis, a Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados-Conxemar abre as súas portas no Instituto Feiral de Vigo. Do martes 4 ao xoves 6 de outubro, daranse cita en Vigo as principais empresas do sector transformador, distribuidor, importador e exportador dos produtos do mar conxelados.

O día 3 terá lugar o Congreso Mundial de Cefalópodos. Ver programa aquí, e o día 5 celebrarase unha interesante xornada sobre a Certificación Halal. Descarga aquí o programa.

Máis información aquí.

Xira Galician Gourmet Extravaganza

A xira Galician Gourmet Extravaganza é unha iniciativa de promoción dos produtos agroalimentarios galegos no exterior dirixida a profesionais (supermercados, grandes almacéns, tour operadores, maioristas de alimentación, canal HORECA, operadores de  catering,  tendas delicatessen), e a primeira semana de outubro recalará en Londres. Máis de 100 empresas galegas exporán os seus produtos na feira degustación que se celebrará no Hotel Meliá White House, entre elas, usuarios da marca pescadeRías, de onde se non?

Para ver o vídeo de adianto, preme aquí.

Forum Gastronómico de Barcelona

A marca pescadeRías, ¿de onde se non? estará presente no Forum Gastronómico de Barcelona, que se celebrará do 23 ao 26 de outubro. Durante estes días haberá demostracións de cociña en directo e presentación de produtos da pesca artesanal certificados, tanto frescos como elaborados. A marca pescadeRías, ¿de onde se non? terá presenza permanente no stand institucional da Xunta de Galicia, por onde desfilarán as mellores elaboracións con produtos do selo de calidade.

Toda a información aquí. 

Mercado do Mar

Cheo absoluto no obradoiro Tesouros con cuncha que se celebrou no Festival Mar de Mares. O público aprendeu a identificar e diferenciar os distintos moluscos da man de Sonia García, de Mariscos del Ortegal, S.L. e o procesado do polbo galego, con Fernando Simón Vázquez, de Pulponor S. Coop. Galega. Beatriz Sotelo, do Restaurante A Estacion de Cambre, dounos pautas para cociñar estes produtos na nosa casa, e preparou catro tapas: Navalla con crema de cítricos, laranxa asada e aguacate; Choupa mariñada; Fabas con berberechos e mollo de alga codium, e Polbo con arroz.

Éxito na Semana do Mar de Ourense

Rematou a Semana do Mar de Ourense coa participación dos restaurantes Nova, A Taberna e Galileo, que puxeron o seu saber ao servizo dos profesionais da peixería, consumidores e colegas de profesión. Ademais das demostracións de cociña, o público puido coñecer as pautas para identificar e diferenciar os produtos da pesca artesanal galega nos mercados, o seu grado de frescura e como se capturan. No caso dos profesionais do ramo da peixería, impartiuse unha sesión formativa de carácter práctico sobre melloras no punto de venda.

Programa Verán, verán: novos vídeos

Xa están dispoñibles na nosa web as novas reportaxes sobre pescadeRías, de onde se non? emitidas no programa Verán, verán do Canal Rías Baixas. Nelas podemos coñecer como se elaboran as conservas de sardiña en Conservas  Antonio Pérez Lafuente, visitar a lonxa de Cangas e a ampla variedade de produtos do mar que comercializan, coñecer máis a fondo a comercialización da vieira da man de Porto de Cambados S.L. e peixería Mar de Arousa, ou achegarnos á cociña do mar elaborada por Yayo Daporta no seu restaurante de Cambados.

Novas incorporacións á marca

Acaban de incorporarse como usuarios certificados dous frigoríficos situados no Porto de Marín: Frigorífico Rosa de los Vientos e Nagober.

Rosa de los Vientos certificouse para a comercialización de cefalópodos, e o seu produto estrela é o polbo, tanto conxelado como pasteurizado, en diferentes presentación e formatos.

Nagober obtivo a certificación para peixes e para cefalópodos, co polbo como bandeira da marca.