Festa da Ameixa en Campelo

Do 15 ao 17 de setembro temos unha cita coa Festa da Ameixa en Campelo, Poio, que este ano celebra a súa trixésima edición. Unha boa ocasión para degustar este produto local, procedente da Ría de Pontevedra e certificado por pescadeRías. Poderás gozar das distintas variedades de ameixa, en elaboracións tradicionais, e asistir á homenaxe que todos os anos se brinda ás mariscadoras que se xubilaron.

O programa completo de actividades estará dispoñible en breve na nosa páxina de Facebook e na nosa web.

En setembro abre a campaña de Noia

A Confraría de Noia anunciou o adianto da súa campaña marisqueira, que este ano comezará o 18 de setembro. As previsións auguran unha boa campaña, xa que as mostraxes indican unha boa situación dos bancos de berberecho, ameixa babosa e xapónica. Os responsables da entidade tomaron esta decisión para extraer o marisco antes de que as potenciais riadas ou toxina o impidan. Unhas 1600 persoas están autorizadas para esta campaña, entre mariscadores/as a pé e a flote.

Sementeira de navalla en Cangas

A Confraría de Cangas colabora desde o ano 2010 co Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo na obtención de semente de navalla para a rexeneración dos bancos. No ano 2011 introduciron os primeiros 30.000 individuos en Rodeira, e recentemente veñen de sementar 50.000 exemplares de 20 mm na Praia de Barra. Neste vídeo gravado por Colón, mergullador da Confraría de Cangas, podes ver como se sementaron e incluso como se enterran na area.

Certificacións e adhesións

En agosto renovou a súa certificación para a primeira venda de peixes, cefalópodos e crustáceos certificados a cooperativa Mar do Morrazo, S. Coop. Galega.

Ademais, adheríronse á marca dous novos puntos de venda: a tenda de conxelados Mercanova, en Vilagarcía, que comercializa polbo certificado da empresa Frigoríficos Moldes; e Peixes e Mariscos Mary, na praza de abastos de Moaña, que vende diariamente produto fresco certificado. Parabéns!

Estuvimos en la Fiesta del Pulpo

Estuvimos en la Fiesta del Pulpo, organizada por el Concello de Bueu en colaboración con la Confraría San Martiño de Bueu, y con la participación de Frigoríficos Rosa de los Vientos, distribuidor certificado por pescadeRías. El equipo técnico de pescadeRías impartió en la plaza de abastos el taller El pulpo: un producto de marca. Las persoas participantes disfrutaron de una visita guiada a la plaza de abastos y de una demostración de cocina a cargo del Restaurante O Rincón de Cela. Los mejores momentos, en este vídeo.