32 Edición do Salón de Gourmets

Do 7 ao 10 de maio, celébrase a 32 Edición do Salón Gourmets en Madrid, unha Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade.

Os produtos certificados pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?” estarán presentes no Espazo Degustación da Consellería do Mar. Premendo aquí podes consultar o programa de catas.

Nesta edición asistirán nove empresas certificadas:  Conservas La BrújulaRamón Peña,  PortomuiñosConservera Gallega, Conservas Portomar, Mariscos Daporta, Conservas Artesanas Curricán, O Percebeiro, Laxe de Rons e Yatecomeré.


Alimentaria 2018

Entre o 16 e o 18 de abril tivo lugar Alimentaria 2018, Feira de Alimentación, Bebidas e Gastronomía de Barcelona. Tiveron presencia na mesma as empresas certificadas Conservera GallegaConservas La BrújulaMariscos DaportaConservas Porto-MuiñosYatecomeréMariscos Laxe de Rons e as confrarías de Muros e Lira xunto con Pulponor S. Coop. Galega. Pola súa banda, a Consellería do Mar contou cun stand propio dende o que se promocionaron os produtos galegos procedentes da pesca e o marisqueo.

XXXIII Festa da raia de Portonovo

Os días 28 e 29 de abril tivo lugar na lonxa de Portonovo a XXIII Festa da Raia e dos Produtos do Mar de Portonovo, organizada polo concello de Sanxenxo. Entre outras actividades, as persoas visitantes puideron degustar diferentes preparacións culinarias coa raia como produto estrela e asistir a sesións de cociña en directo. Como exemplo, na foto móstrase a preparación de raia en escabeche de galiña con espárragos brancos, ovas de troita e perlas de vinagre de módena elaborada polo cociñeiro Fran Sotelino.

Escolas de hostalería

No mes de abril continuamos coas visitas dos centros de hostalaría dentro do programa Do Mar ao Prato.

Os centros IES Vilamarín e a Escola de Hostalería e Turismo Belarmino Fernández Iglesias viviron unha xornada de marisqueo en Noia e visitaron a lonxa e a depuradora da Confraría de Pescadores de Noia. O alumnado do IES Sanxillao e do IES de Foz coñeceron o porto e a lonxa de Burela, así como a nave de redeiras. Aquí podes ver un vídeo.

Rematou a tempada do ourizo

No mes de abril remata a tempada de ourizo que normalmente se extende de outubro a abril. As súas ovas poden comercializarse en fresco, refrixeradas, conxeladas e en conserva, puidendo así degustalas durante todo o ano. Algunhas das empresas de transformación certificadas pola marca pescadeRías, ¿de onde se non? elaboran conservas con este manxar. Podes consultar a listaxe de empresas de transformación certificadas premendo aquí.

O polbo entrará en veda en Maio

O sector acorda establecer unha veda para o polbo de seis semanas. Dende o 18 de maio e ata o 2 de xullo non se poderá capturar este cefalópodo e non estará presente nas lonxas galegas. Esta campaña que agora remata estivo marcada pola escaseza do cefalópodo o que provocou que se acadaran uns prezos récord.

Máis información neste artigo de La Voz de Galicia.

Marisqueo na Ría de Muros-Noia

En abril rematou a campaña de extracción de moluscos bivalvos nas zonas de autorización da Confraría de Noia con cifras récord de facturación de cerca de 20 millóns de euros. No mesmo mes comezou a actividade de marisqueo a flote nas autorizacións marisqueiras da Confraría de Muros e iniciouse a actividade de marisqueo a pé nas zonas de libre marisqueo de Esteiro e Praia de O Castelo, xestionadas polas confrarías de Pescadores de Noia e Muros.

Sementeira de ameixa en Arcade

Os/as profesionais do marisqueo a frote da Confraría de Arcade sementaron en abril un millón unidades de ameixa xapónica de entre 15 e 18 mm nuha zona calificada de libre marisqueo.

A repoboación dos bancos marisqueiros é unha aposta pola recuperación das zonas de Puntal e a contorna do río da Enseada de San Simón tras elevadas mortaldades.

Nova adhesión: Restaurante Solleiros

O Restaurante Solleiros, ubicado no  Hotel Gastronómico San Miguel, en Santiago de Compostela, acaba de adherirse ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, apostando así na súa carta polos peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal.

A súa chef Ana Portals elabora neste espazo  unha cociña tanto de vangarda como tradicional, sempre cos mellores ingredientes.

Certificacións e ampliacións

No mes de abril Mariscos Galero certificouse pola marca pescaderías, ¿de onde se non? para bivalvos e crustáceos. Conservas Portomar superou auditoría de certificación inicial para bivalvos e equinodermos. A empresa Yatecomeré, ampliou o seu alcance de certificación a equinodermos. A lonxa de Aldán-Hío aposta pola ampliación do seu alcance de certificación na marca, incluíndo os gasterópodos.

Axudas para dotación de botiquíns

A Dirección do Instituto Social da Mariña convoca a concesión de axudas económicas para a dotación obrigatoria dos botiquíns de a bordo aos empresarios das embarcacións. As ayudas, que se regulan na RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2018, están destiñadas a subvencionar tanto a dotación inicial de botiquíns como a reposición dos fármacos e o material sanitario.

Actividades formativas

En abril formouse en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos a persoal das lonxas de Malpica e Aldán e da lonxa e confraría de Cangas.

O Plan de Formación dos Manuais APPCC das lonxas certificadas establece a renovación periódica da formación do persoal manipulador dos produtos da pesca das lonxas.

A receita do mes

Estamos a piques de comezar a veda do polbo e para aproveitar estes últimos días propoñémosvos esta preparación que nos fai a chef do Gastrobar O Birrán, Emma Pinal: Outro polbo á mugardesa. Unha receita tradicional renovada, cos mellores ingredientes, como gostan de facer neste establecemento de Ribadavia adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Para ver a receita preme aquí.