Gañadoras do sorteo en Facebook e Instagram

Para celebrar a volta de pescadeRías, ¿de onde se non? ás redes sociais, premiamos a fidelidade de seguidores/as sorteando en setembro dous vales de 30 euros en peixe e marisco certificado para ser adquirido nunha peixería adherida. As gañadoras foron Adelaida Juliá Navarro, en facebook, e Rocío Varela Naya, en instagram. Os nosos parabéns a ambas!!

Se queres acceder á listaxe completa de establecementos adheridos ao selo, onde atoparás produtos certificados, preme aquí.


Blockchain en pescadeRías

A Xunta de Galicia comezou a aplicar a tecnoloxía blockchain á trazabilidade da marca de calidade pescadeRías, de onde se non?. Incorpórase como parte do proceso de cada operación da cadea de trazabilidade ata que chega ao consumidor final. A aplicación permite poñer a disposición das persoas usuarias un informe completo de trazabilidade que pode atopar en calquera etiqueta do produto, que presenta, entre outras, as características do peixe ou marisco, a data e zona de captura, peso e a traza de todos os axentes da marca polos que pasou ese produto.

pescadeRías nos medios

A marca pescadeRías, ¿de onde se non? foi noticia en La Voz de Galicia. O artigo pon en valor á marca como selo de identidade para a promoción e defensa dos produtos da frota artesanal, así como a dimensión social da marca.  Amosa a evolución do volume de produto certificado e da súa presenza no mercado e o incremento do número de entidades certificadas e adheridas desde os seus inicios. Destaca, entre outros, o recoñecemento outorgado pola Comisión Europea como exemplo de boas prácticas.

Podes velo aquí.

Peixes asociados ao verán

sardiña, a xarda e o xurelo son peixes azuis cuxo consumo está asociado aos meses de verán. As tres especies son ricas en proteínas e ácidos graxos insaturados tipo omega-3, beneficiosos para a saúde, destacando o seu papel na prevención de doenzas cardiovasculares e dexenerativas. Podes descargar unha ficha informativa premendo aquí.

Aínda que a partir de agora non estarán na súa mellor época de consumo en fresco, pódense seguir atopando nos mercados tanto en fresco como en conserva.

FICBUEU 2020

Do 11 ao 19 de setembro celebrouse a 13 edición do Festival Intenacional de Curtametraxes de Bueu – FICBUEU. Directores/as, críticos/as, xurado e profesionais da industria de cine nacionais coñeceron e degustaron produtos certificados como a navalla, o polbo, as xoubas e o sargo, nun showcooking  levado a cabo en Casa Quintela de Bueu o 12 de setembro.

Mercado do Mar

A sétima edición do Festival Mar de Mares celebrou o seu primeiro Mercado do Mar en liña do 24 ao 27 de setembro, coa colaboración da Consellería do Mar. Amosáronse os produtos e servizos de 12 iniciativas, entre as que se atopan, o selo pescadeRías, ¿de onde se non? e as empresas certificadas Conservas CurrimarPorto-Muiños e Pulponor Sociedade Cooperativa Galega.

Produtos pescadeRías no Foro La Toja

Os produtos certificados da marca pescadeRías, ¿de onde se non? estiveron presentes na segunda edición do encontro de diálogo, debate e reflexión Foro La Toja Vínculo Atlántico.

O evento celebrouse entre o 1 e o 3 de outubro nas instalacións do Eurostars Gran Hotel La Toja.

Apertura do ourizo

O 1 de outubro comezou a campaña de extracción de ourizo na provincia de Pontevedra. As lonxas das Confrarías de A GuardaBaiona, BueuAldán-Hío, VigoPortonovo e Cangas comercialízanno certificado polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Nas provincias de A Coruña e Lugo a apertura será entre os meses de novembro e xaneiro.

En 2019, no conxunto das lonxas galegas, comercializáronse preto de 700.000 quilos deste equinodermo por un valor próximo aos 6 millóns de euros.

Inicio de campaña en Noia

O pasado 14 de setembro, máis de 1500 persoas, entre mariscadores/as a pé e desde embarcación, comezaron a campaña marisqueira en Noia 2020. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e a conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo, acompañaron aos/ás mariscadores/as o primeiro día da actividade. Durante a primeira semana de extracción, comercializáronse na lonxa de Testal e no centro de primeira venda de O Freixo, máis de 102.000 kg de berberecho, alcanzando un prezo de 20,20 €/kg.

Premendo aquí podes ver algunhas fotos publicadas en La Voz de Galicia.

Marisco de A Illa, tradición saudable

Organización de produtores de Marisco e Cultivos Mariños OPP20, entidade certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?, está levando a cabo a campaña “Marisco de A Illa, unha tradición saudable”.

A finalidade da campaña é promover o consumo e amosar as bondades dos seus produtos, en colaboración co sector da restauración.

Nesta primeira etapa céntranse en tres dos produtos máis característicos ameixa rubiaameixa babosa e camarón.

Bye, bye plástico

A Xunta de Galicia está levando a cabo a campaña “Bye, bye plástico” co obxectivo de concienciar á sociedade na loita contra os residuos plásticos no mar.  Baixo o lema “Bye, bye plástico. Non é por ti, é por nós” e protagonizada por nenos e nenas, a campaña busca fomentar a participación da poboación e transmitir consellos prácticos arredor da importancia de reducir, reutilizar e reciclar os plásticos.

Nos últimos 10 anos produciuse en todo o mundo máis plástico que en toda a historia da humanidade e nove millóns de toneladas de residuos plásticos, dos que un 80% proceden de terra, acaban cada ano nos océanos do planeta. Preme aquí para ver o vídeo.

Pesquería da pescada

Publicada a Resolución de 3 de septembro de 2020, da Secretaría General de Pesca, pola que se modifica a de 10 de marzo de 2020, pola que se establecen disposicións adicionais de ordenación da pesquería da pescada (Merluccius merluccius) da zonas VIIIc e IXa para os buques da frota de artes menores do Cantábrico e Noroeste, así como unha Corrección de erros da mesma.

A resolución establece un tope máximo de capturas de pescada (Merluccius merluccius) de 15.000 kilogramos por barco e ano, de xeito que ese será o límite máximo de capturas que cada barco poderá acumular ao longo do ano.

EXPORPYMES

A Cámara de Comercio de A Coruña organiza de forma virtual, a VII edición do evento empresarial EXPORPYMES durante os días 27 e 28 de outubro. Están previstas a realización de reunións B2B en liña con empresarios internacionais que amosen interese nos produtos das empresas galegas inscritas.

Toda a información xunto coa ficha de inscrición está na web www.exporpymes2020.com.

O principio do fin

Así titula Jorge Hernández Urcera a foto dunha femia de polbo depositando os dous primeiros acios de ovos no teito da súa guarida. Esta femia poñerá uns 200 acios de ovos, o que significa unha posta total duns 250.000 ovos. A eclosión dos pequenos polbos (3 mm) producirase uns 4 meses despois do inicio da posta. Durante os 4 meses, a femia protexerá, limpará e osixenará os ovos. Xusto despois da eclosión, a femia morrerá.

Restaurante O Buño

Herdeiros dunha longa tradición familiar, no Restaurante O Bruño, recentemente adherido ao selo pescadeRías, apostan por unha cociña tradicional mariñeira, elaborada cos mellores produtos procedentes das lonjas de baixura da contorna.

Ubicados preto do paseo marítimo de Cangas do Morrazo, contan ademais con servizo de reparto a domicilio.

Axudas con prazo aberto

Ata o 15 de decembro, pódense solicitar as Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade para o ano 2020.

Tamén continúa aberto ata o 1 de marzo de 2021, o prazo para a solicitude de Axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativas, correspondente á convocatoria de 2019, tanto para investimentos produtivos como non produtivos.

Valor nutricional produtos pesqueiros

Tal e como recomendan moitos organismos oficiais, o consumo habitual de produtos pesqueiros ten unha grande importancia como parte dunha dieta sana e equilibrada, tanto en persoas adultas como en nenos e nenas.

Premendo aquí podes acceder a un artigo no que descubrirás os aspectos nutricionais máis destacados dos produtos frescos ou en conserva procedentes da pesca artesanal e do marisqueo.

A receita do mes

O pasado mes de setembro comezou a campaña do berberecho de Noia. No mercado podemos atopalo fresco ou en conserva, certificado polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Este mes propoñemos a receita Berberechos con cogomelos, laranxa e alioli de alfábega publicada no libro “Entre latas e tixolas, cociña creativa con conservas de peixe e marisco” de Anfaco-Cecopesca e a Xunta de Galicia. Podes vela premendo aquí.