PescadeRías de onde se non?, no Salón de Gourmets 2016

Estivemos no Salón de Gourmets do 4 ao 8 de abril, con grande afluencia de público nas actividades divulgativas da marca. Os produtos das entidades certificadas por pescadeRías foron protagonistas das degustacións guiadas polos cociñeiros Héctor López, José Manuel Mallón (na imaxe), Iván Domínguez e Emma Pinal.

Tamén contamos co bo facer do alumnado e profesorado do CIFP Carlos Oroza, que presentaron o seu proxecto de posta en valor da lapa, realizado en colaboración coa Confraría San Xosé de Cangas e Tastelab. Estiveron presentes no stand institucional as conserveiras certificadas La Brújula, Portomuíños, Conserveira Gallega, e visitáronnos Porto de Cambados e Los Peperetes.

Parabéns a todos!!