Festa do longueirón en Fisterra

foto festa longueiron

O día 7 de agosto terá lugar a XV Festa do longueirón en Fisterra. Organizarase unha visita ao Museo da Pesca ubicado no Castelo de San Carlos, na que se darán a coñecer os oficios do mar. Ademais, realizarase unha actividade de identificación de moluscos na que aprenderemos a diferenciar entre o longueirón e outros bivalvos solénidos. O broche de ouro, degustación a cargo de Manel Oliveira, da Tapería Castelao de Santiago de Compostela, que nos dará as pautas para preparar as mellores receitas con este manxar.

Descarga aquí o cartel con toda a información.

Renovación da certificación

renovacion certificacion_base

As lonxas de Vilaboa e Arcade superaron con éxito a auditoría para a renovación da certificación da marca pescadeRías, de onde se non?

Recordamos ás empresas usuarias que cada cinco anos deben solicitar a renovación da certificación, e que serán sometidas a unha auditoría externa. A renovación da certificación non ten custo económico para os usuarios, que ademáis poden solicitar ampliación dos grupos taxonómicos sen cargo sempre que fagan coincidir ambos procesos -renovación e ampliación-.

Conxemar 2016

conxemar

Xa estamos quentando motores para a edición 2016 dunha das feiras máis importantes para o sector pesqueiro: Conxemar 2016 celebrarase do 4 ao 6 de outubro no Instituto Feiral de Vigo-IFEVI. Este ano a 5ª edición do Congreso Mundial Conxemar-FAO, que se celebra o día 3, centrarase nos cefalópodos, un dos principais recursos da flota artesanal galega.

As acreditacións para a feira e a inscrición para o Congreso Mundial de Cefalópodos xa están dispoñibles na web de Conxemar.

 

Sorteo pescadeRías en Facebook

sorteo

As persoas afortunadas no sorteo do mes de xullo foron Bea González Gil, Cédar Espido e Conchi Bravo Cores, ás que lles corresponde un kit de material para a compra e cociña: bolsa da compra, libreta, bolígrafo, camiseta, mandil e manopla. Parabéns!

O día 15 publicaremos o sorteo do mes de agosto, infórmate na nosa web ou páxina de Facebook, e participa!

A receita do mes

sardinhas escochadas

Guiso de sardiñas escochadas                    O verán é a mellor época para consumir peixe azul. Animámoste a poñerte diante dos fogóns e preparar esta receita sinxela e saborosa, que nos achega o GALP Ría de Pontevedra, da man  do Restaurante A Taberna de Alvariñas, de Combarro (Poio).

Preme aquí para ver a receita. Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.