Pescaenverde & pescadeRías

pescaenverde-pdR6

A Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela asinaron un convenio de colaboración para levar a cabo a incorporación e uso da marca pescaenverde xunto coa marca pescadeRías, ¿de onde se non?.
pescaenverde é unha ecoetiqueta desenvolvida pola Universidade de Santiago de Compostela-USC que permite calcular a Pegada de Carbono e Taxa de Retorno Enerxética adaptada a cada tipo de frota e modalidade de pesca.  Nesta liña, ambas marcas se complementan por ser a pegada de carbono vencellada á pesca artesanal mínima.

Festival Gastronómico Gijón Se Come

IMG-20171202-WA0004

Do 2 ao 4 de decembro estivemos presentando a marca pescadeRías, ¿de onde se non? no II Festival Gastronómico Sostible, Gijón se come, un encontro para profesionais da gastronomía, produtores e público en xeral que englobou showcookings, relatorios e degustacións, ademais de zonas de market, restauración e rutas de turismo gastronómico.

A empresa Frigoríficos Rosa de los Vientos tivo a oportunidade de facer a presentación dos seus produtos ao público durante a celebración do relatorio O Noso Mar, Marca.

Exaltación do Berberecho de Noia

chicotenoia

Do 23 ao 26 de novembro celebráronse as II Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia organizadas pola Confraría San Bartolomé de Noia en colaboración co Concello de Noia. Houbo demostracións de cociña en directo, ruta de tapas, turismo mariñeiro, degustación popular e xornadas técnicas nas que pescadeRías impartiu un relatorio. O broche de ouro, con Alberto Chicote e Diego López, que fixeron brillar o berberecho coas súas espectaculares creacións.

Preme aquí para ver as imaxes das xornadas.

Aquí hai tomate cherry!!

_MG_0323

Que ben o pasamos como xurado no concurso gastronómico infantil Aquí hai tomate cherry no que dous equipos de escolares, dos colexios San Jorge e Inmaculada La Salle de Santiago de Compostela, se puxeron aos fogóns en Área Central. Elaboraron una receita proposta polo chef Alberto Lareo, a base de pescada certificada e castaña.
Previamente, recibiron información sobre os produtos que cociñaron nunha xornada educativa na que estivo presente pescadeRías e a IXP Castaña de Galicia. Os mellores momentos neste vídeo.

Zamburiña vs volandeira

volandeirazamburiña

Durante o mes de novembro comezou a campaña para a extracción de volandeiras e zamburiñas.

Distingues unha da outra? Fíxate nas orellas, a volandeira ten dúas mentres que a zamburiña soamente unha. E se soamente vises a súa carne, serías capaz de saber cal é cal? Presta atención sobre todo á gónada, na volandeira de intensa cor laranxa.

Nesta pequena presentación podes ver estas e máis diferenzas.

Certificacións e adhesións

lamolineraroberamado (10) (1)

En novembro certificouse a empresa ubicada no Porto de A Coruña Pescados y Mariscos del Noroeste. O alcance da certificación son crustáceos, equinodermos, peixes e antozoos. Ademais renovou a súa certificación para a primeira venta de bivalvos e cefalópodos a lonxa de Redondela.

Durante este mes adheríronse á marca o punto de venta Pescados Estrella, na Praza de Abastos de Moaña, que vende diariamente produto fresco certificado e o restaurante do Chef Diego López “La Molinera“, en Lalín.

Abre a pesca da centola en A Mariña

centola

Dende o 3 de decembro xa está permitido pescar Centola e Boi en A Mariña Lucense. Conforme a Resolución do 9 de Xuño de 2017, remata a veda para ambos crustáceos entre Cabo Estaca de Bares (incluíndo a Ría de O Barqueiro) ata o Río Eo. No vindeiro Plan de Xestión 2018-2019, determinarase o inicio da veda en 2018.