Forum Gastronómico A Coruña

cor17_quad

Do 12 ao 14 de marzo temos unha cita no Forum Gastronómico en A Coruña. Na pasada edición, máis de 23.000 visitante e 600 marcas acudiron ao certame, un estupendo escaparate para os peixes e mariscos das Rías Galegas. Aínda queda algunha praza no espazo que a Consellería do Mar pon a disposición das empresas que comercializan produtos do mar.

Para máis información, contacte con nós por correo-e á maior brevidade posible.

Berberecho de Noia na cociña dos Hermanos Torres

htorres

O berberecho de Noia protagonizou unha das emisións do programa Torres en la Cocina. Os Hermanos Torres estiveron en Noia nas I Xornadas de Exaltación do Berberecho e acompañaron aos profesionais do marisqueo durante un día de faena. Despois de vivir esta experiencia, dedicaron un dos seus programas aos produtos da costa galega: cociñaron  verduras de inverno con cigalas e berberechos, e salmonetes con grelos e verduras asadas. O vídeo do programa, aquí. Non deixedes de velo!

Polbo das Rías Galegas no Parlamento Europeo

Polbo plato

O polbo certificado pescadeRías, ¿de onde se non? vén de protagonizar o menú do Parlamento Europeo. A empresa Frigoríficos Rosa de los Vientos de Marín enviou un pedido do seu polbo certificado, que comercializa baixo a marca “O Pulpeiro”, no formato cocido e conxelado. O produto foi servido xunto cunha ficha descritiva da súa orixe e método de pesca.

Podes ver aquí a ficha descritiva do produto (en inglés).

Novos usuarios

renovacion certificacion_base

Este mes incorporouse como novo axente certificado da marca a Confraría de Pescadores San Francisco de Vigo, que xestiona a Lonxa de Canido. Acaban de obter a certificación pescadeRías ¿de onde se non? para a comercialización de bivalvos, cefalópodos e crustáceos, que xa poden atoparse no mercado con este distintivo. Ademais, realizouse con éxito a auditoría de seguimento de Frigoríficos Moldes, que comercializa polbo certificado baixo a marca “La Marina”.

¡Parabéns!!

Axudas e subvencións

Axudas e subvencións

Está aberta a convocatoria de subvencións da Consellería do Mar dirixida ás organizacións de produtores pesqueiros e ás asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura. Descargar aquí.

Tamén está aberta a convocatoria para a presentación de proxectos aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, ata o 1 de marzo. Podes consultar a información de contacto dos grupos aquí. 

Actividades formativas

formacion CIFP Compostela 2

En xaneiro formamos ao persoal da Lonxa de Baiona en materia de boas prácticas de manipulación de produtos pesqueiros e APPCC.

Ademais, comezamos a visitar os centros de formación en hostalería para dar a coñecer entre os futuros restauradores a marca pescadeRías, ¿de onde se non? e os produtos da pesca artesanal galega. Os primeiros centros en participar, o CIFP Carlos Oroza, de Pontevedra, e o CIFP Compostela.

Reunión na Mariña

IMG-20170119-WA0002

A raíz da certificación de Armadores de Burela-ABSA como usuario para a comercialización de cefalópodos, mantivemos unha reunión cun grupo de minoristas e distribuidores da Mariña Lucense, de cara a estudar a posibilidade de certificarse.

Estamos a disposición de toda empresa de comercialización,  distribución ou transformación interesada en coñecer máis en profundidade a marca pescadeRías, así como dos minoristas e restaurantes. Poden solicitar unha reunión no noso correo-e.

Sorteo de Reis

ganhadora sorteo nadal

A gañadora do noso sorteo de Reis foi Gabriela Rodríguez, de Marín. Recibiu un lote de conservas certificadas, con produtos de  Paco Lafuente, Frinsa, Los Peperetes, Portomuiños, Rosa Lafuente, Ramón Peña, Mar de Silleiro, Conservas Tradicionais Currimar e Pandomar. E damos fe de que está gozando delas, pois xa nos mandou algunhas fotos das súas elaboracións. Parabéns!

En breve publicaremos o vindeiro sorteo na nosa páxina de Facebook. Síguenos!

Receita do mes: Focaccia de Raia

foccacia

A pizza é unha elaboración moi popular, que poucas veces nos atrevemos a facer na casa.  A receita deste mes, que nos achega o Restaurante Ruta Jacobea, proponnos unha versión fácil e alternativa á clásica pizza, para que poidamos facela na casa: unha focaccia que ten como ingrediente principal a raia. Xa veredes que sinxela… Podes ver a receita completa aquí.

Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.