Xantar 2018

xantar

Do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro estivemos en XANTAR, promocionando os produtos da pesca artesanal galega. Con Emma Pinal, Jose Manuel Mallón e Flavio Morganti nos fogóns, os produtos certificados pescadeRías, ¿de onde se non? presentáronse en deliciosas preparacións. Así mesmo, foi presentada a ecoetiqueta Pescaenverde que acompañará en breve aos peixes e mariscos certificados.
Podes ver aquí o vídeo resume das actividades realizadas na “Aula do Mar”.

Apertura da campaña da vieira

vieira

En xaneiro abriu a campaña da vieira na Ría de Arousa e Bueu. Lembramos aos consumidores que a vieira galega atópase no mercado eviscerada, tanto en fresco como conxelada, con todas as garantías de seguridade alimentaria. Neste vídeo podemos ver o proceso de descarga, depuración e evisceración por parte da Confraría de Cambados e posterior distribución da man de Porto de Cambados, S.L., entidades certificadas pescadeRías, ¿de onde se non?

Final Aquí hai tomate cherry!!

tomate

O 27 de xaneiro asistimos como xurado á final do concurso gastronómico infantil Aquí hai tomate cherry onde tres equipos de escolares dos colexios Os Tilos, Cluny e Alca se puxeron aos fogóns en Área Central. Coa dirección de Alberto Lareo e a axuda de alumnos do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, elaboraron unha fideuá de berberechos certificados, con moito éxito.

Os mellores momentos neste vídeo.

Galicia Market Place Vigo

market

Estaremos presentes na  III Edición de Galicia Market Place Vigo, que se celebrará o próximo 16 de febreiro no Círculo de Empresarios de Vigo,  baixo o título Agro-Mar-Alimentario: un sector con valor engadido.

Ademais dun stand informativo que compartiremos coa marca Pescaenverde, asistiremos aos encontros coloquio e de negocios, e os produtos pescadeRías, ¿de onde se non? protagonizarán  un showcooking e o almorzo do evento.

Axudas e subvencións

Axudas e subvencións

Está aberta a convocatoria de axudas da Consellería do Mar para proxectos colectivos de modernización de infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque e lonxas para mellorar as condicións de traballo e de seguridade das persoas. Descargar aquí.

Tamén está aberta a convocatoria para a presentación de proxectos aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro, ata o 1 de marzo. Podes consultar a información de contacto dos grupos aquí. 

Certificacións e recertificacións

anllons

En xaneiro recertificouse a depuradora de bivalvos da Agrupación de Mariscadoras Río Anllóns, en Cabana de Bergantiños, que comercializa berberechos extraídos polas socias e socios da propia Agrupación no esteiro deste río, un área de alto valor natural.

Así mesmo, certificáronse novas instalacións para o eviscerado de vieira titularidade da Confraría de Pescadores de Cambados como ampliación das que xa dispoñían.