Campaña promocional pescadeRías nas prazas de abastos

Do 17 de marzo ao 8 de abril terá lugar unha campaña promocional de peixes e mariscos certificados pescadeRías ¿de onde se non? nas prazas de Bueu, Cambados, Portonovo, Sanxenxo, Pontevedra, A Guarda, Cee e Santiago de Compostela, na que participarán 81 puntos de venda. Con cada recibo de compra de peixes e mariscos certificados entregarase un boleto, que deberá depositarse nunha urna habilitada en cada praza. Os premios: tres vales de compra de 30 euros acompañados dun lote de produtos promocionais para a comprar e cociñar os produtos pesqueiros; e dous lotes de produtos promocionais a maiores, en cada praza.