Sorteo 8000 fans en Facebook

Xa case sumamos 8000 fans na nosa páxina de Facebook!! Así que toca celebralo. Nesta ocasión, cando cheguemos a esa cifra sortearemos un lote de conservas certificadas pescadeRías, ¿de onde se non? Para participar só tes que seguirnos na nosa páxina de Facebook.

Se aínda non es fan, a que esperas para visitarnos? Moita sorte!

A receita do mes

Chegou o outono! E con el, esta receita 5 estrelas que comparte con nós Miguel González Quintela, chef do Gastrobar Restaurante Sanmiguel en Ourense. Nada menos que a «Vieira de Outono» gañadora da III Gala Show Cooking “Mellor cociñeiro de Tapas por Galicia 2016”. Podes ver a receita completa aquí.

Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.