De las cosas del comer

De las cosas del comer_peq

O xornalista Pepe Ribadegorda, apaixonado comunicador e gastrónomo, vén de publicar unha receita de polbo caldoso elaborada con produto certificado pescadeRías, no seu blog “De las cosas del comer”.  Empregou polbo cocido ultraconxelado e envasado ao baleiro da marca O Pulpeiro, comercializado por Frigoríficos Rosa de los Vientos.

Podes ver nesta ligazón a receita explicada paso a paso, cunha ampla reportaxe fotográfica.

Mercado do Mar

DSC_8848

Recordámosvos que os días 23 e 24 de setembro estaremos no Mercado do Mar, en A Coruña. Ademais de contar cun punto de información,  o sábado 23 ás 18:30 terá lugar un showcooking con produto certificado pescadeRías, da man da cociñeira Lucía Freitas, onde daremos as pautas para a diferenciación e identificación de moluscos. Tamén estará na feira Conservas Tradicionais Currimar, empresa certificada por pescadeRías para a comercialización de polbo galego. Máis info proximamente na nosa páxina de Facebook.

Festa da Ameixa en Campelo

Sin título-1

Do 15 ao 17 de setembro temos unha cita coa Festa da Ameixa en Campelo, Poio, que este ano celebra a súa trixésima edición. Unha boa ocasión para degustar este produto local, procedente da Ría de Pontevedra e certificado por pescadeRías. Poderás gozar das distintas variedades de ameixa, en elaboracións tradicionais, e asistir á homenaxe que todos os anos se brinda ás mariscadoras que se xubilaron.

O programa completo de actividades estará dispoñible en breve na nosa páxina de Facebook e na nosa web.

En setembro abre a campaña de Noia

campana noia

A Confraría de Noia anunciou o adianto da súa campaña marisqueira, que este ano comezará o 18 de setembro. As previsións auguran unha boa campaña, xa que as mostraxes indican unha boa situación dos bancos de berberecho, ameixa babosa e xapónica. Os responsables da entidade tomaron esta decisión para extraer o marisco antes de que as potenciais riadas ou toxina o impidan. Unhas 1600 persoas están autorizadas para esta campaña, entre mariscadores/as a pé e a flote.

Sementeira de navalla en Cangas

sementeira navalla

A Confraría de Cangas colabora desde o ano 2010 co Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo na obtención de semente de navalla para a rexeneración dos bancos. No ano 2011 introduciron os primeiros 30.000 individuos en Rodeira, e recentemente veñen de sementar 50.000 exemplares de 20 mm na Praia de Barra. Neste vídeo gravado por Colón, mergullador da Confraría de Cangas, podes ver como se sementaron e incluso como se enterran na area.

Certificacións e adhesións

IMG-20170902-WA0003

En agosto renovou a súa certificación para a primeira venda de peixes, cefalópodos e crustáceos certificados a cooperativa Mar do Morrazo, S. Coop. Galega.

Ademais, adheríronse á marca dous novos puntos de venda: a tenda de conxelados Mercanova, en Vilagarcía, que comercializa polbo certificado da empresa Frigoríficos Moldes; e Peixes e Mariscos Mary, na praza de abastos de Moaña, que vende diariamente produto fresco certificado. Parabéns!

Estivemos na Festa do Polbo

visita bueu

Estivemos na Festa do Polbo, organizada polo Concello de Bueu en colaboración coa Confraría San Martiño de Bueu, e coa participación de Frigoríficos Rosa de los Vientos, distribuidor certificado por pescadeRías. O equipo técnico de pescadeRías impartiu na praza de abastos o obradoiro O polbo: un produto de marca. As persoas participantes gozaron dunha visita guiada á praza de abastos e dunha demostración de cociña a cargo do Restaurante O Rincón de Cela. Os mellores momentos, neste vídeo.

Resultado do sorteo de agosto

20840755_1930533167190390_2059981958930947781_n

A gañadora do sorteo realizado o 16 de agosto na nosa páxina de Facebook foi Silvia Giménez Amoedo. O seu premio será unha visita guiada coas mariscadoras da Asociación Cultural Mulleres do Mar de Cambados-Guimatur que terá lugar o 8 de setembro. Parabéns!

En breve poremos en marcha un novo sorteo na nosa páxina de Facebook. Estamos a piques de acadar os 8000 fans e queremos celebralo con vós. Non volo perdades!

A receita do mes

sanmartinotrives

Da Pobra de Trives chéganos esta orixinal receita para preparar un dos peixes estrela das nosas rías: o sanmartiño. Ánxo Fernández, cociñeiro do Hostal La Viuda, recentemente adherido a pescadeRías, ¿de onde se non? proponnos unha elaboración moi persoal e sorprendente. Podes ver a receita completa aquí.

Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.