A anguía, certificada pescadeRías ¿de onde se non?

En novembro de 2016 modificouse o regulamento da marca pescadeRías ¿de onde se non? para incluir especies eurihalinas, como a anguía e a lamprea. Desde entón, a Confraría de Arcade certificou as súas instalacións para a comercialización de anguía baixo o selo pescadeRías. Acompañamos nunha xornada de pesca aos naseiros da Asociación Alvedosa, integrados na Confraría de Arcade, para amosarvos neste vídeo como pescan este prezado manxar.