Xornadas de exaltación da vieira

Os días 15, 16 e 17 de xuño terán lugar en Cambados as xornadas de exaltación da vieira, festa declarada de interese turístico galego.

As xornadas de degustación estarán a cargo de Diego López, do Restaurante La Molinera, en Lalín, e contarán coa colaboración especial de Guimatur, Kike Piñeiro e Pepe Solla.

Descarga o cartel aquí.

Novedades lexislativas

Procedemento e os requisitos da certificación veterinaria oficial para a exportación. Aquí.

Subvencións para o desenvolvemento de novos mercados e campañas de promoción dos produtos da pesca e da acuicultura (entidades sen ánimo de lucro). Aquí.

Bases reguladoras para a concesión de axudas dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro. Aquí.

Galicia Market Place

Estivemos na II Edición de Galicia Market Place, evento centrado en experiencias innovadoras na industria agroalimentaria galega que se celebrou no Círculo de Empresarios de Galicia. Ademais dun stand informativo, participamos nos encontros de negocios, e os produtos certificados protagonizaron o showcooking do evento, guiado por Mª José Fernández, “Cocinando con Majo”.

Podes ver aquí o video resume do evento.

Campaña O Noso Mar, Marca

Xa arrancou campaña “O Noso Mar, Marca”, de promoción dos produtos certificados pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?, Bonito do Norte, Mexillón de Galicia DOP, así como a campaña de protección de inmaduros Non piques, non peques, baixo un eslogan común.

A campaña inclúe acción en prensa, radio e televisión. Preme aquí para ver o spot do selo pescadeRías, ¿de onde se non?

Receita do mes

Salpicón de navallas con emulsión de pementos de Herbón.      Orixinal maridaxe mar-terra, con dous dos productos máis emblemáticos da nosa gastronomía. Receita do Restaurante Carmen, de Sanxenxo, que nos traslada o GALP Ría de Pontevedra. Preme aquí para ver a receita. Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.