Congreso AECOC de produtos do mar

congreso aecoc post

Os días 1 e 2 de xuño celebrarase en Baiona a 17ª edición do Congreso AECOC de Produtos do Mar, no que se abordarán as tendencias de mercado, os selos de pesca sustentable, os cambios nas cadeas de distribución e nos modelos de negocio, e que servirá de punto de encontro dos distintos axentes do mercado de productos da pesca e a acuicultura.

Descarga aquí o programa de actividades.

Novidades lexislativas

novedades lexislativas

Plan de xestión da sardiña con arte do xeito 2016.  Preme aquí.                        Plan experimental para a xestión do polbo 2016-2016. Preme aquí.               Plan de xestión da centola e do boi 2016-2017. Preme aquí.                                Novo baremo plan de explotación de recursos específicos desde embarcación. Preme aquí.                                         Novo baremo plan de explotación de recursos específicos a pé. Preme aquí.

Intercooperación: Proxecto lapa

proxecto lapa

O proxecto de valorización da lapa levado a cabo polo CIFP Carlos Oroza, en colaboración coa empresa Tastelab e a Confraría de Pescadores de Cangas, puxo o broche de ouro a un ano de investigación, experimentación e difusión dos usos culinarios deste molusco gasterópodo, certificado co selo pescadeRías. O resultado, tres produtos moi versátiles: paté de lapa fresca, cebiche de lapa e lapa escabechada. Toda a información do proxecto aquí.

Gastroforum CSHG 2016

gastroforum

Estivemos no Forum Gastronómico organizado polo Centro Superior de Hostalería de Galicia os días 9 e 10 de maio, no que se deron cita profesionais da cociña e da distribución de produtos agroalimentarios. Celebráronse tertulias gastronómicas, demostracións de cociña, e degustacións, unha boa ocasión de presentar os produtos certificados da marca.

Actividades en Ecogalia 2016

charla ecogalia

Do 12 ao 15 de maio estivemos no I Salón da Ecoloxía de Galicia, cun punto de información a profesionais e consumidores. O venres 13 organizouse unha charla informativa sobre a marca pescadeRías na que participaron asistencias técnicas de confrarías, directivas das agrupacións de mariscadoras, profesionais de empresas de distribución e membros de colectivos de consumidores.

 

Festa do choco de Redondela

festa do chocojpg

A edición da Festa do Choco de Redondela que se celebrou entre o 30 de abril e o 1 de maio foi a primeira desde que a Confraría de Redondela certificou os seus cefalópodos co selo pescadeRías. Alí estivemos para apoiar este marabilloso produto, na demostración de cociña con chocos que ofreceu José Domingo González, de Cátering Don Pepe, da man da Asociación de Empresas de Redondela, en colaboración coa confraría.