Celebrando os 7.000 fans en Facebook

sorteo_gal

Durante o mes de maio superamos os 7.000 seguidores e seguidoras na páxina de Facebook de pescadeRías, ¿de onde se non? Para celebralo, sorteamos unha degustación para dúas persoas a base de produto certificado, e o agraciado foi Carlos Calde Wrong, que gozará do seu premio no Restaurante A Horta do Obradoiro.  Aproveitamos para agradecer a fidelidade e confianza de todos os nosos fans, que coas súas aportacións nos axudan a mellorar cada día.