Feliz e Próspero Ano 2017

Queremos transmitirvos os nosos mellores desexos de paz, saúde e prosperidade para o ano que comeza, e agradecervos a confianza depositada no selo pescadeRías, ¿de onde se non?

De parte de todas as persoas que traballamos neste proxecto, Saúde e Boa Singradura!


Marisqueo/Recursos Específicos 2017

Aprobados o Plan Xeral de Explotación Marisqueira e os Plans de Xestión de Recursos Específicos para o ano 2017. No primeiro documento atoparás a información sobre a explotación de bivalvos a pé e desde embarcación, crustáceos e poliquetos. Os plans de xestión de recursos específicos recollen a información relativa á explotación do percebe, algas, equinodermos, antozoos, peneira e solénidos. Podes consultalos aquí: Plan Xeral de Explotación Marisqueira e Plans de Xestión de Recursos Específicos.

Certificación 1ª venda 2015-2016

Seguimos crecendo: no 2015 certificáronse en primeira venda 5.400 toneladas de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal galega, mentres que no 2016 foron 14.700 toneladas. Todos os grupos biolóxicos aumentan o volumen de certificación en 2016, destacando os peixes, que cadriplican o volume, os cefalópodos e os equinodermos. Tamén os antozoos (anémonas), cun crecemento espectacular, aínda que partían dun volumen moito máis baixo. Amplía a información aquí.

Formación en Escolas de Hostelaría

En xaneiro comezan as charlas informativas sobre a marca pescadeRías que se impartirán no marco do programa de promoción e difusión dos produtos do mar nos Centros de Formación de Hostalaría de Galicia, promovido pola Consellería do Mar. En total serán once charlas dirixidas aos futuros profesionais de cociña e restauración, que terán oportunidade de coñecer os produtos certificados, empresas, requisitos e funcionamento do selo de calidade.

I Xornadas do berberecho de Noia

En decembro celebráronse as I Xornadas de Exaltación do Berberecho de Noia. Organizadas polo GALP Costa Sostible, a Confraría San Bartolomé de Noia, o Concello de Noia e Noia Histórica, con demostracións cociña en directo, ruta de tapas, turismo mariñeiro e xornadas técnicas. O broche de ouro, cos Hermanos Torres e Lucía Freitas, que fixeron brillar o produto coas súas espectaculares elaboracións.

Rosa de los Vientos estrea imaxe

A empresa Frigoríficos Rosa de los Vientos S.L., ubicada en Marín, estrea imaxe corporativa e renova o seu etiquetado e as súas embalaxes. Baixo a súa marca O Pulpeiro comercializa desde o ano pasado cefalópodos certificados co selo pescadeRías, ¿de onde se non? conxelado e pasteurizado.

¡Parabéns por este cambio de imaxe!

Frigoríficos de Camariñas en Ardán

A empresa Frigoríficos de Camariñas, S.L. vén de obter o indicador Ardán de Empresa Global 2016, que se outorga a aquelas empresas que presentan valores elevados en magnitudes relacionadas con procesos de internacionalización. Frigoríficos de Camariñas S.L. está certificada para a comercialización de cefalópodos baixo o selo pescadeRías, ¿de onde se non? ¡Parabéns!

Superamos a barreira dos 6.000 fans

Xa temos 6.000 seguidores/as en Facebook! Moitas grazas por acompañarnos e facelo posible, traballamos para seguir mellorando día a día! Aproveitamos para recordarvos que, tanto os propietarios das entidades usuarias de pescadeRías, como de establecementos adheridos ou calquera particular, pode enviarnos por correo-e as súas fotografías con produto certificado para que as publiquemos nas redes sociais.

Sorteo de Reis

Sorteamos un lote de conservas gourmet elaboradas con peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal galega. Para participar, só tes que ser seguidor da nosa páxina de Facebook, premer «Gústame» nesta publicación e responder á seguinte pregunta:
«Se foras a unha illa deserta e só puideras levar contigo unha lata de conservas: ¿que produto escollerías?»
O resultado, o Día de Reis.

A receita do mes

Unha receita festeira e sinxela de preparar que nos fará quedar de marabilla nas nosas festas e celebracións familiares: Paté de centolo, receita de Viví Taboada, a quen seguimos a través do seu blogue Ó carón da lareira. Para chupar os dedos!! Podes ver a receita completa aquí.

Se queres que publiquemos a túa receita, envíanola por correo-e, indicando ingredientes, elaboración e unha foto.